Características Cómo adquirir esta obra
Plan Xeral da Obra
Ficha Técnica
Consellos Históricos e Actuais
Características da Obra

 
 
O proxecto editorial máis ambicioso de tódolos tempos.
En 1974, Silverio Cañada (1939-2002) acomete unha magna empresa: edita-la obra de obras sobre tódolos campos do saber galego, cun amplo equipo de colaboradores e un consello editorial e consultivo irrepetibles: Cunqueiro, Otero Pedrayo, Martínez Risco, Rof Carballo, Ramón Piñeiro, Isidro Parga Pondal, Antón Fraguas, Luis Seoane...

Agora, 30 anos despois, actualizada, ampliada e, como non, en galego.
Un gran proxecto cultural ó servicio de Galicia e dos seus cidadáns. A nova Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada é o maior compendio do saber dedicado integramente a Galicia.

A Galicia de sempre e a de hoxe, nunha grande obra escrita por e para os galegos.
A Galicia do novo século, a que respectando o seu pasado mira e se orienta cara a un futuro de progreso e benestar xeral no máis amplo tratado que representa un trazo diferencial e un signo de identidade colectiva.

Unha obra de consulta única e imprescindible.
Referente cultural dun pobo orgulloso do seu pasado e ilusionado co seu futuro.
Toda cuestión ou tema de interese sobre Galicia ten cabida na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.


O máis amplo tratado sobre Galicia
A GEG é unha obra enciclopédica, ordenada alfabeticamente e dedicada integramente ó estudio, análise, investigación e divulgación de Galicia.

 
Características | Plano Xeral da Obra | Ficha Técnica | Consellos Histórico e Actual | ¿Como adquirila?
Xacobeo 2004 Fundación Caixa Galicia El Progreso Diario de Pontevedra